A Mariña 30-4-19. Crónica3 pecha un gran mes en canto á súa audiencia con máis de 53.500 páxinas visitadas, máis de 10.500 usuarios e case 25.000 sesións. Os datos son claros en canto ao liderazago de dixitais da comarca. Deste xeito o medidor de ranking web de referencia en todo o mundo, Alexa (do grupo Amazon), sitúa a crónica3 dentro das 20.000 webs máis visitadas de España. O competidor Xornal da Mariña ocupa a posición 57.527. Unha diferencia abismal que fala das preferencias dos mariñáns á hora de informarse en internet.