Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Deputados do BNG abandonaron o Pleno da Deputación polas “pelexas tabernarias entre os alcaldes de Pol e Becerreá”

Lugo, 30 de abril 2019. Xosé Ferreiro lamentou a falta de responsabilidade dos deputados Manuel Martínez, tamén alcalde de Becerreá, e Lino Ónega, alcalde de Pol que protagonizaron unha “pelexa verbal máis propias de bandas calexeiras que de representantes públicos”. Ferreiro criticou a falta de autoridade do propio presidente da Deputación que “non foi capaz de impedir a liorta” e polo tanto “demóstrase que tampouco é capaz de manter a organización dun goberno que manexa máis de 100 millóns de euros anuais”.

Ademais, BNG defendeu no pleno da deputación unha inciativa para esixir ao goberno provincial a reapertura do tramo pechado da estrada de Navia a Fonsagrada. Nesta iniciativa do BNG figuraba tamén a necesidade de poñer en marcha as medidas que sexan necesarias para que as obras desta estrada continúen ata a súa finalización no menor tempo posible. “A estrada entre Navia e Fonsagrada é unha débeda histórica da Deputación coa comarca, e a pesasres de que os alcaldes dos 2 concellos teñen mando na Deputación non se remata” dixo Xosé Ferreiro

“Ten que ser o BNG quen defenda os intereses da comarca da montaña de Lugo por que ogrupo de goberno da Deputación sempre colleu con desgana e case á forza o arranxo da estrada que vai dende Navia de Suarna á Fonsagrada, a pesares do seu lamentábel estado e do que podería aportar ao desenvolvemento da comarca dos Ancares” explicou Ferreiro.

O BNG presentou esta iniciativa por vía de urxencia “dado que varios veciños e veciñas da comarca se dirixiron ao BNG denunciando a situacion e non se pode esperar un mes mais que tardaria de non tratarse nesta sesion” explicou o voceiro do BNG. Ferreiro criticou que as baixas de licitación, que ascenderon aos 200.000 euros aproximadamente, foran enviadas para investimentos noutros concellos, no canto de investilas para ampliar a obra uns quilómetros máis, que era o destino para o que foran aprobados eses cartos.

Enlace vídeo do momento a partir do minuto 3:09:10  https://www.youtube.com/watch?v=YCFiBSX2rDo

Exit mobile version