Arrincaron tatexantes os mariñáns, pero aos poucos conseguiron ir impoñendo a orde que os caracteriza para dar a volta ao electrónico. R. Vargas puido adiantar os galegos nos minutos 4 e 6, con moito perigo. No entanto, Lolo Jarque inaugurou no minuto 9, nunha situación dun contra un, que finalizou o xogador local ao segundo pau. Jesús Rodríguez viu a expulsión no minuto 18, coa segunda amarela. Renato non puido igualar a contenda en dobre penalti pero si o fixo pouco despois Joselito, en superioridade, para oír a chegada do descanso con 1-1.
O Pescados Ruben Burela FS deu un paso adiante no reinicio, con boa xestión de pelota. Iago Míguez anotou o segundo para os de Juanma Marrube, no minuto 26, nunha boa xogada de Porto. Edu mantívose impertérrito para salvagardar a renda ante Keko e David Leal e máis tarde conn Juanra. Superado o ecuador, Renato aproveitou en contragolpe para ampliar distancias. Tan só un minuto despois, o traveseiro evitou o segundo andaluz e entón o Córdoba apostou por xogo de cinco, respondendo da mesma forma os galegos, en alternancia e xerando moito perigo. Ambas as escuadras puideron mover o luminoso, pero mantívose o 1-3 para xúbilo laranxa.
Ficha técnica
Córdoba Futsal: Nono, Jesús Rodríguez, Lolo Jarque, David Leal, Keko, cinco inicial; tamén xogaron Pakito, Manu Leal, Koseky, Cordero, Juanra, Catiti
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Renato, Pope, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, Luisma, R. Vargas, Juanfran, Porto
Goles: 1-0, minuto 9, Lolo Jarque; 1-1, minuto 20, Joselito; 1-2, minuto 26, Iago Míguez; 1-3, minuto 31, Renato
Árbitros: Fernández Cárdenas // Jarque Ruiz (colexio madrileño). Por Córdoba amarela a Cordero (minuto 3), Jesús Rodríguez (minuto 11 e 18), Cristian (minutos 19 e 20), Keko (minuto 34), Lolo Jarque (minuto 34). Por Burela amarela a Hélder (minuto 2)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre (Córdoba)