Viveiro, 12 de abril de 2019. Con motivo da celebración da Semana Santa deseñouse un operativo para a xestión e ordenación do tráfico, así como para a colaboración en labores de seguridade cidadá coas forzas e corpos de seguridade do estado; este operativo abrangue do 12 ao 21 de abril e inclúe, entre outras, as seguintes actuacións:
Venres 12 de abril de 2019.
– Procesión da Virxe dos Dolores: 21:30 horas, itinerario 1, saída Igrexa San Francisco.
Ás 21:00 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862.
Domingo 14 de abril de 2019.
– Procesión “La Borriquita”, ás 12:00 horas, itinerario 1, saída Igrexa San Francisco.
Ás 11:45 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862.
– Procesión do “Ecce Homo”, ás 19:30 horas, itinerario 1, saída Igrexa San Francisco.
Ás 19:00 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862.
Martes 16 de abril de 2019.
– “Vía Crucis de Mujeres”, ás 21:00 horas, itinerario 3, saída Igrexa San Francisco.
Ás 20:30 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862.
Mércores 17 de abril de 2019
– “Vía Crucis de Hombres”, ás 22:00 horas, itinerario 4, saída Igrexa San Francisco.
Ás 21:30 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862. Ao seu paso pola Praza de Lugo, cortarase o tráfico procedente de Avda de Ferrol e de García Dóriga.
– Na tarde do mércores, entrarán en funcionamento os semáforos da intersección de Rego das Frores con Río dos Foles para habilitar dobre sentido de circulación.
Xoves, 18 de abril de 2019.
– “Procesión da última cena”, ás 19:30 horas, itinerario 1, saída Igrexa San Francisco.
Ás 18:00 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862. A Avda de Cervantes permanecerá cortada ata a terminación da seguinte procesión.
– “Procesión do Prendemento”, ás 22:00 horas, itinerario 2, saída Igrexa San Francisco.
Cortes de tráfico na Praza de Lugo, García Dóriga, Porta de Carlos V e Avda de Galicia.
– “Procesión da Misericordia”, ás 00:30 horas (aprox.), itinerario 5, saída Capela da Misericordia
Cortes de tráfico na Glorieta Ecce-Homo, Porta de Carlos V e Avda de Galicia con Avda de Cervantes.
Venres, 19 de abril de 2019.
– “Procesión do Santo Enterro”, ás 19:30 horas, itinerario 1, saída Igrexa Santa María.
Ás 18:00 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862.
– “Procesión da Pasión”, ás 22:00 horas, itinerario 2, saída Igrexa San Francisco.
Cortes de tráfico na Praza de Lugo, García Dóriga, Porta de Carlos V e Avda de Galicia.
– “Procesión dos Caladiños”, ás 00:00 horas (aprox.), itinerario 1, saída Igrexa San Francisco.
A Avda de Cervantes permanecerá cortada dende as 18:00 horas ata a finalización desta procesión.
Sábado, 20 de abril de 2019.
– “Procesión da Esperanza da Resurrección”, ás 19:30 horas, itinerario 1, saída Igrexa San Francisco.
Ás 19:00 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862.
Domingo, 21 de abril de 2019
– “Procesión do Encontro de Resurrección”, ás 12:00 horas, itinerario 1, saída Igrexa San Francisco.
Ás 11:30 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862.
– “Procesión do Vía Crucis”, ás 19:30 horas, itinerario 1, saída Igrexa San Francisco.
Ás 19:00 horas cortarase a Avda de Cervantes, anulando ambos carrís de incorporación dende a LU862.
Dende o 12 ao 21 de abril, vaise realizar un control exhaustivo dos horarios de peche dos establecementos públicos e un control especial do “botellón”, prohibindo o mesmo e despexando as áreas afectadas, en especial nas zonas do casco histórico, parque de Mahía, parque de San Francisco, inmediacións da carpa de Semana Santa e inmediacións de Gadis Viveiro, en especial fronte á Comisaría do CN de Policía; ademais, nas seguintes zonas: parque de Parquemar e parques infantís.