Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro luns, 22 de abril, ábrese a inscrición para participar no karaoke das festas patronais de Burela, segundo informan a comisión organizadora e a Concellería de Cultura

As persoas interesadas en participar poden anotarse na Casa da Xuventude ou na Biblioteca Municipal. “Alí deben deixar os seus nomes, o título da canción que van interpretar e tamén un número de teléfono de contacto”, explica José Díaz. O karaoke das festas patronais de Burela terá lugar os días 29 e 30 de maio. O 29 será o infantil e xuvenil e o 30 o de adultos.

Exit mobile version