O sábado 27 de abril, Nordés propón un novo enfoque sobre o patrimonio cultural das Terras da Faladora (concellos de Ortigueira e Mañón) a través dunha visita guiada polo interior das aldeas de Céltigos, das Cabeceiras de Couzadoiro e da Cadrilla do Medio das Grañas do Sor . Quique Fojón Caruncho será o noso guía para visitar a paisaxe típica da franxa costeira, das ladeiras da serra e das leiras de chantos das zonas máis altas, respectivamente. Tres exemplos que pretenden revalorizar as paisaxes do rural e o traballo das persoas que as organizaron. Un legado que sobreviviu case intacto polo mantemento de técnicas tradicionais de traballo e pola inactividade das políticas da concentración parcelaria.
O punto de encontro é a Igrexa de Céltigos (Ortigueira) ás 09.30h. É preciso levar calzado axeitado!
Para quen o prefira, disponse un punto de encontro anterior, ás 09:00h., no Barqueiro: no Restaurante “A Goleta”.
A xornada acabará cara as 14.00h., nas Grañas do Sor. Para as 14:30h. dase a opción dun xantar en Ortigueira, na “Cabana de Fos”. É preciso anotarse antes do martes 23 de abril porque as prazas son limitadas, no: 653756454. O prezo do menú é de 15€/persoa e consta de: merluza en salsa, polo asado, tarta de queixo e café.