Santos Ramos subliñou que “os veciños mobilizáronse para dar o seu empuxe a un modelo progresista e de avance, pois a participación superou o 72%, sendo máis de 200.000 lucenses os que votaron nestas Elección Xerais. Conseguimos o mellor resultado da última década, sendo a forza máis votada en 25 Concellos, entre eles nos que se concentra maior número de poboación, e acadamos o mellor resultado da última década, quedando practicamente nun empate técnico coa forza máis votada, pois a diferenza foi só do 0,37%. Este resultado nos dá alento, forza, entusiasmo e ilusión para seguir traballando como o fixemos durante estes meses, desenvolvendo un proxecto político honesto cos cidadáns, de traballo a cotío e tendo como prioridade Lugo e a súa provincia”.
Campaña humilde, proprositiva e con presenza en todo o territorio
“Os socialistas a nivel provincial fixemos un traballo de planificación e fixación de obxectivos moi importante e iso vese reflectido nestes resultados fantásticos para o partido. Foi unha campaña deseñada con humidade, con presenza en todo o territorio, para explicar sinxelamente aos veciños todo aquilo que en 10 meses fixo un Goberno que tiña como prioridade as persoas. E o fixemos a través dunha campaña propositiva, en positivo e non confrontadora nin violenta, evitando as descualificacións e o desprezo”, sinalou o Secretario Provincial.
Implicación en levar o proxecto socialista a toda a provincia
“Quero poñer en valor o traballo dos centos de compañeiros e compañeiras que se implicaron en desenvolver o proxecto socialista e levalo a cada casa e a cada recuncho da provincia, a todos os candidatos do Congreso e o Senado que participaron intensamente na campaña, así como aos interventores e apoderados que se esforzan para que se cumpran as regras de xogo da democracia”.
“O PSOE, referente da sociedade”
Santos Ramos asegurou que “o ámbito político do PSOE é indiscutiblemente a esquerda, no que as persoas son o eixo fundamental de todas as políticas. Por iso, cando desenvolvemos proxectos que atenden as súas realidades e necesidades os socialistas somos o referente da sociedade. Os cidadáns espertaron, tomaron conciencia da importancia que ten participar e como sempre cando o electorado se mobiliza a democracia gaña, e o PSOE gaña”.