Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz valora moi positivamente o resultado das Eleccións Xerais

Foz 29-04-2019. O PSdeG-PSOE de Foz valora moi positivamente os resultados das eleccións xerais de onte día 28 de abril de 2019.

É unha magnífica noticia para toda España: os cidadáns apostaron de novo pola sanidade e educación públicas, pola defensa das pensións, pola recuperación do poder adquisitivo, pola igualdade real, polo reparto solidario da riqueza e polo benestar social -afirma Fran Cajoto, candidato socialista á alcaldía de Foz-.

Debemos felicitarnos pola alta participación no Concello de Foz, nas que o partido socialista se converteu na forza máis votada con 2059 votos. É un bo sinal o aire socialista de cambio que se percibiu en Foz -prosigue Cajoto-. Sen embargo, estes resultados non son extrapolables ás eleccións municipais que se celebrarán dentro dun mes escaso: os veciños terán a opción de confiar en nós pola implicación do gran equipo de traballo que conforma a nosa candidatura, porque as nosas propostas son reais e necesarias e, sobre todo, polo sentido común e a cercanía que está completamente ausente no mandato do actual alcalde. Foz necesita e merece un cambio de rumbo na xestión e a máxima seriedade nunhas contas que son de tódolos veciños.

Exit mobile version