Foz 05-04-2019. O PSOE de Foz presentará a candidatura, encabezada por Fran Cajoto, coa que concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio nun Acto Público na Casa de Cultura da localidade este domingo día 7 ás 12:30 horas e anima a todos os focenses a asistir ao devandito acto.
Trátase dunha candidatura renovada, que combina experiencia e mocidade, representativa de todos os sectores que definen a sociedade focense actual e sobradamente preparada para formar un goberno para todos os veciños e veciñas de Foz – cualifican os socialistas
Esta confirmada a asistencia do secretario xeral provincial de Lugo Álvaro Santos e das candidatas ao congreso Ana Prieto e Sonsoles López