Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lamenta que ninguén asuma responsabilidades ante o espectáculo bochornoso que hoxe se deu no Pleno

Lugo. 30, abril, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular lamenta que ninguén asuma responsabilidades ante o espectáculo bochornoso que hoxe se viviu ao final do Pleno cun cruce de acusacións entre o presidente da Deputación, un dos deputados do PSOE e o deputado non adscrito.

Os populares consideran “incrible” que ninguén asuma responsabilidades ante un dos episodios máis reprobables e vergonzosos que se teñen vivido contra a imaxe da institución.

Consideran que o presidente non estivo á altura das circunstancias e que hai actitudes que “non son dignas” da institución á que pertencen na que esta tarde se verteron comentarios “completamente ofensivos”. Convidan así aos seus protagonistas a pedir desculpas a toda a cidadanía.

O PP considera reprobable e censurable que os deputados se insulten entre si e cheguen incluso a facerse cortes de manga nunha sesión plenaria na que están sentados os grupos que representan á cidadanía da provincia.

“Non só criticamos que se cheguen a dar estas situacións, completamente fóra de lugar, senón que ademais ninguén lidere o restablecemento das normas básicas de educación e de respecto”, precisan.

Exit mobile version