Viveiro 14-4-19. A protesta ven dada polo incumprimento do convenio laboral, desta volta a empresa ven de impoñer un calendario de traballo con quendas de traballo de ata 8 días continuos, e nalgúns casos 15 días cun só día de descanso entremedias, que entendemos incumpre o recollido no convenio, ademais de ser insoportable. A gran carga de traballo que soporta o persoal, para atender debidamente as necesidades dos residentes, conleva un sobre-esforzo que atenta contra a súa saúde. A plantila existente é a mínima que esixe a Xunta, claramente insuficiente, e que descarga a responsabilidade nos ombros das traballadoras.
As concentracións, convocadas pola CIG, despois de terse tratado en asemblea de traballadoras/es, serán diante das instalacións deste Centro os vindeiros días 16, 25, e 30 de abril, dende as 14:15 ata as 15:30 horas, có fin de facilitar a participación do persoal que entra e sae das respectivas quendas de traballo.