Site icon Crónica3.com A Mariña

O obradoiro Ribadeo co Camiño lanza o concurso fotográfico O Camiño no Visor.

Ribadeo, 12 de abril de 2019. Os alumnos e alumnas da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais do obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño organizan o I Concurso Fotográfico titulado O Camiño no visor, coa idea de poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo.

Poderán participar todas aquelas fotografías que ofrezan unha visión diferente e orixinal dos 17 quilómetros que percorre a ruta. Trátase de que tanto visitantes coma locais, a través da súa participación no concurso, descubran os recunchos do Camiño ao seu paso polo concello e os atrape no visor da súa cámara.

Contarase coa colaboración do Parador Nacional de Ribadeo e o Hotel Restaurante Javier Montero que aportan como premios, respectivamente, unha estancia dunha noite para dúas persoas (1º premio) e una comida/cea tamén para dúas persoas (2º premio).

O prazo de recepción das fotografías arranca o 15 de abril e remata o 20 de maio, ambos incluídos. As bases do concurso poden consultarse en ribadeococaminooe.blogspot.com

Exit mobile version