Foz 29-4-19. O coro infantil do colexio, CEIP Fondo Nois (Foz), viaxou a Ourense esta fin de semana ao certame “Ourencanto”. Alí compartiron escenario cuns 450 nenos e nenas de coros mixtos, coros de voces brancas e coros escolares.
Tiveron como director ao reputado director vasco Josu Elberdin e interpretaron na súa categoría (coros escolares) un conto musicado polo propio Elberdin chamado “Tiempo”, no que se mestura a narración coas cancións que poñen en situación toda a acción do conto.
Ao certame acudiron 9 alumnos e alumnas do coro acompañados polas súas familias que voluntariamente se prestaron a participar.
Ensaiaron as obras previamente no colexio co director do coro e mestre de música do colexio, Iván Vale, que tamén viaxou a Ourense para estar nos ensaios que se desenvolveron o sábado e domingo.
O traballo cun director de prestixio internacional é para cantantes e directores un alicerce para seguir a traballar cada día no coro do colexio.