O rexedor explicou que “nestes momentos temos cortado o acceso ao Parque dos Indianos porque nese paseo que serve de enlace, que ven desde a Avenida de Galicia e como prolongación da rúa Pintor Fierros, esa antiga vía do tren mineiro de Ribadeo a Vilaodriz, que non tiña un uso axeitado e que estaba nunha situación bastante deteriorada”.
Suárez Barcia sinalou que “o estamos actualizando e canalizando a través dunha canle lateral para toda a auga e para as pluviais, e estamos cubríndoo cunha capa de enxabre para darlle un uso peonil axeitado para toda esa veciñanza que vive nese entorno”.
O alcalde engadiu que “estes días, que estamos actuando, vai estar cortado ese paso, e contamos abrilo para a semana que ven”.