O xefe do departamento de Electricidade do CIFP Porta da Auga, Benito Fernández Rey, explica que se realizou “unha xornada de formación sobre a fibra óptica en colaboración coa empresa DIGAMEL, a través da súa delegación de Lugo. A actividade foi dirixida a alumnos dos ciclos de Electricidade de grado superior e grado medio así como aos do curso de instalacións de megafonía e circuíto pechado de televisión que se imparten no actual curso”.
Ademais o departamento de Electricidade do Porta da Auga organizará nas próximas semanas outras dúas actividades de formación: unha sobre realización de medidas para a certificación de instalacións eléctricas e outra sobre circuítos pechados de televisión e porteiros automáticos. Estas actividades serán abertas aos profesionais do entorno que queiran asistir.