Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, reclama a Fernando Suárez que explique ós veciños a súa viaxe a Bruxelas e se quere que o eucalipto sexa declarado especie invasora

Ribadeo, 20 de abril de 2019. O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, reclama a Fernando Suárez que explique ós veciños a súa viaxe a Bruxelas e se quere que o eucalipto sexa declarado especie invasora.
“Cando nós dicimos que o goberno do BNG está liderado por un ego desmedido estamos acreditando unha verdade porque seguimos agardando explicacións do señor Suárez no referente á súa viaxe a Bruxelas. É unha viaxe que nace dunha mentira e permanece nunha mentira”, manifesta Daniel Vega, que engade: “preguntas concretas, señor Suárez, para que as responda: a que foi a Bruxelas, quen paga a viaxe, ante que foro foi falar e que beneficios directos tivo para Ribadeo. Son preguntas moi concretas e seguimos esperando as súas respostas. Apártese dese ego, baixe á realidade e explique aos veciños a que foi”.
O alcaldable do PP explica que en Ribadeo “non hai ningunha política forestal distinta que no resto da comunidade autónoma, é unha política da Xunta de Galicia e vostede ten que cumprir a lei. Pero eu pregunto: vostede explicoulle iso aos veciños, vostede explicoulles que contratou un helicóptero que custou máis de 9.000 euros e quen o paga. Estas son preguntas moi necesarias que merece respostas, e os veciños de Ribadeo esixen respostas. Señor Suárez, eu quero que me responda a todo isto porque vostede ten un soldo que lle paga o pobo ribadense, que merece respostas, vostede ten que renderlle contas ós veciños. Polo tanto non minta máis sobre esta viaxe. Eu xa sei que vostede non quere responder, pero nós imos estar todos os días esixíndolle que responda ante os veciños de Ribadeo”.
Vega engade que Fernando Suárez “foi falar co BNG e con Bildu alí un día e estarían analizando a situación forestal de Galicia. Cal é a conclusión desa reunión?, declarar ó eucalipto planta invasora? Se é así explíquelles ós veciños de Ribadeo que vostede está decidido a declarar ó eucalipto planta invasora, como pide sistematicamente o seu partido no Parlamento europeo e no Parlamento galego todos os días. Polo tanto, preguntas concretas, respostas inmediatas señor Suárez. Seguimos agardando”.

Exit mobile version