Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, aclara que a viaxe de Fernando Suárez a Bruxelas é para un acto electoral do grupo político no que están o BNG e Bildu polo que espera que non o paguen os ribadenses

Ribadeo, 10 de abril de 2019. O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, aclara que a viaxe de Fernando Suárez a Bruxelas é para un acto electoral do grupo político no que están o BNG e Bildu polo que espera que non o paguen os ribadenses.
Daniel Vega explica que “o señor Suárez segue coa súa campaña publicitaria personalista baseada na mentira porque agora di que vai a Bruxelas, ante a Comisión Europea, a explicar a súa política forestal. Eu non sabía que Ribadeo tiña unha política forestal distinta a do resto de Galicia. A política forestal é da comunidade autónoma e hai unha comisión encargada no Parlamento galego, polo que me estraña que o Bloque Nacionalista Galego non invite ao señor Suárez ao Parlamento de Galicia a explicar a súa política forestal, porque sabemos perfectamente que a política forestal a marca a comunidade autónoma, non o señor Suárez, quen agora di que vai á Comisión Europea”.
O alcaldable do PP ribadense engade: “imos explicar a verdade: o Bloque Nacionalista Galego comparte eurodiputada con Bildu, e Bildu e o BNG invitan ao señor Suárez a ir ao seu grupo parlamentario a explicar o que fixo. Non será mellor que llo explique aos ribadenses e que diga tamén quen vai pagar a factura desa viaxe, esperemos que a pague o Bloque Nacionalista Galego ou Bildu ou o señor Suárez, pero que non a paguen as contas do Concello. Os caprichos do señor Suárez que os pague ou o Bloque ou Bildu ou o señor Suárez, pero nunca os ribadenses porque vemos moita política de publicidade, pero, polo contrario, non vemos ningunha política que beneficie directamente a Ribadeo e aos ribadenses. Polo tanto eu pido máis responsabilidade e que o señor Suárez, que vive do erario público municipal, é dicir, que ten un soldo que lle pagan todos os ribadenses, que traballe máis por Ribadeo e que busque investimentos, como facemos outros, para Ribadeo e para os ribadenses”.

Exit mobile version