O candidato á Alcaldía, o empresario Óscar Rodríguez, valora moi positivamente a incorporación de Javier Teijeiro pola súa posición profesional e política, “unha persoa cun perfil profesional, moi traballador e con mentalidade de equipo”.
Agradece a súa implicación e asegura que a súa candidatura, que se irá dando a coñecer nos vindeiros días, presentará un proxecto “atractivo e comprometido co futuro de Viveiro”, no que se verá representada a realidade social da localidade. “Unha aposta polo desenvolvemento económico e social do municipio que ofreza novas oportunidades aos veciños e veciñas e mellore os servizos que se lles ofrecen”, precisa.
Óscar Rodríguez subliña a boa sintonía e os obxectivos comúns con Javier Teijeiro, o que os levará a presentar un proxecto político para Viveiro “no que o centro serán os veciños e veciñas e as súas necesidades”.
Perfil
Javier Teijeiro é concelleiro na actual Corporación de Viveiro, posto que ocupa desde hai un mes. É Graduado en fisioterapia, Master of Science e leva 4 anos de Doutorando. Ten 5 másteres e 3 tres títulos de Experto Universitario.