O programa de goberno co que se presentan xs nacionalistas ás eleccións municipais do 26 de Maio e que explicarán ás súas veciñas e veciños durante a campaña electoral, é froito do traballo desenvolto ao longo dos últimos tres anos coa veciñanza e dos encontros sectoriais abertos que veu mantendo a organización nacionalista coas viveirensxs nestes 2 últimos meses, manifestou a candidata á alcaldía, Miriam Bermúdez, asegurando ademais: este é un programa de goberno aberto á veciñanza e a todxs aquelxs viveirensxs que queiran seguir facendo aportacións que teñan encaixe dentro da liña programática do modelo de concello pensado para Viveiro.
Programa Electoral:
https://e.issuu.com/anonymous-embed.html?u=grllanderrozas&d=programa_viveiro