A Mariña, 16 de abril. No día de hoxe, a candidata a cabeza de lista ao congreso por Lugo, Maite Ferreiro e o candidato mariñao Daniel Castro xunto co candidato á alcaldía de Foz, Francisco Xavier Fanego e outros representantes do BNG na comarca reunironse cos usuarios das instalacións portuarias e mais cos colectivos que desenvolven a súa actividade no porto e na ría.
Estiveron presentes colectivos e asociacións coma A Ribeira, de pesca deportiva, a Confraría de Pescadores de Foz, Club Náutico, Club Kaiak, Maremasma, empresa de multiaventura, e mariscadoras e mariscadores de Foz e Barreiros. Por parte do BNG ademais dos candidat@s ao Congreso e á alcaldía de Foz, tamén asistiron Ana Ermida, responsable comarcal e Antonio Veiga, deputado provincial.
Problemas medioambientais e de saneamento na ría que se eternizan sen solucións.
Desde hai varios anos, o porto e a Ría de Foz sufren graves problemas mediambientais e de saneamento sen que ata o de agora se efectivizara ningunha solución, á espera da anunciada EDAR nunha nova ubicación e que sería financiada con fondos FEDER. Problemas de calado, dragados pouco efectivos, e contaminación da ría é o que agora preocupa non só aos sectores económicos e colectivos que desenvolven a súa actividade na ría e no porto, senón que tamén preocupa a toda a poboación.
A ría, un ano pechada ao marisqueo
E especialmente alarmante o feito de que a ría leve un ano pechada para o marisqueo, debido á presencia de fecais nas augas, o que impide traballar a mariscadoras e mariscadores de Foz e Barreiros.
É preciso rematar co abandono no que moitas institucións, tanto da Xunta coma do Estado tenen sumido a Foz á súa ría e ao seu porto
Neste sentido pronunciaronse tanto Maite Ferreiro coma Francisco Xavier Fanego. Para o candidato á alcaldía “é primordial escoitar a todos os sectores cando existen problemas, e comprometerse con solucións factibles e aplicables, fuxindo de demagoxia e respostas evasivas, que foi a actitude que veu mantendo a alcaldía de Foz nos últimos anos con este e outros problemas”.
Maite Ferreiro, aparte de recoller todas estas demandas, tamén fixo fincapé no incumplimento por parte do Estado Español e da Xunta de Galicia da Normativa Europea da Auga. “O Estado non pode mirar para outro lado cando sabe que Galiza é unha das comunidades que mais incumple a Normativa Marco da Auga, o que provoca unha mala execución dos Fondos Europeos destinados a fins hidrolóxicos e e medioambientais”