Ribadeo 8-4-19. Na matinal deste domingo, o atleta ribadense Brais Díaz Salas participou na 1ª clasificatoria de atletismo escolar categoría sub14, cita que se celebrou nas Pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo.
Brais participou en tres lanzamentos, martelo 2 kg., peso 3 kg. e xavalina 500 gr., con excelentes resultados, xa que acadaría a 1ª posición nas tres probas.
En lanzamento de martelo acadaría un mellor rexistro de 24,50 m. (23,61 – 22,94 – 24,50), superando en máis de 4 m. a súa mellor marca.
En peso, tería uns resultados de 9,79 – 9,06 – 9,65 m. respectivamente.
Por último e sen tempo para o descanso, era a quenda da xavalina, onde Brais voltaría a ter uns grandes rexistros con 31,36 – 30,14 – 30,17 m., o que o levaba a superar a súa mellor marca anterior en máis de 3 m.
Agora tomará un pequeno descanso da competición en pista ata despois de Semana Santa, aínda que participará o día 21 de abril na fermosa Carreira popular das praias en Barreiros.