Site icon Crónica3.com A Mariña

No Concello de Burela tivo lugar a entrega de diplomas dos distintos cursos formativos organizados polo Programa de Atención a Inmigrantes, subvencionados pola Dirección Xeral de Inclusión Social  e polo Fondo Social Europeo

Os cursos realizados foron dúas edicións do Curso de Esforzo de Integración de 24 horas cada un, un Curso Básico de Camareiro/a de Pisos de 50 horas, un Curso Básico de Ofimática de 50 horas e un Curso de Coidados básicos para a atención a menores de 50 horas. Máis de 50 persoas de distintas nacionalidades participaron  satisfactoriamente nestas accións “coas que pretendemos que sexa un paso máis para a súa implicación na importancia da formación e empregabilidade, así como para mellorar o seu grado de integración”, explican desde a Concellería de Inmigración e Cooperación.

Exit mobile version