En Foz, a 12 de Abril de2019. En días pasados a residencia de Foz e Centro de Día poñía en marcha a súa actividade ,ledos porque finalmente os nosos anciáns estivesen nunhas condicións dignas de convivencia e benestar, despois de moito tempo na adversidade. Foz Plataforma de Futuro fixo posible que isto ocorrese posto que traballou arreo para que non se alongara mais no tempo.
Despois de visitar as instalacións e dialogar cos diferentes colectivos que a conforman, fomos testemuñas dunha serie de deficiencias as que vemos urxente solucionar.
No patio exterior, despois de levar uns 4 anos aproximadamente dende a finalización da obra, o paso do tempo, o firme das beirarrúas variou, baixou de nivel ,quedando a dúas alturas e facendo que a accesibilidade para os residentes con mobilidade reducida se vexa dificultada. A todo isto observamos que parte do cerramento exterior esta sen rematar .
A lei 15/1995 de mobilidade reducida universal contempla que a chegada a un edificio, así como a entrada dende o exterior, debe estar exenta de escalóns, e no caso de existir, deben superarse cunha rampla. As persoas con algunha minusvalía ou diminución permanente para andar, subir escaleiras ou salvar barreiras arquitectónicas, así coma as maiores de 70 anos, teñen dereito a promover, levar a cabo e dispor destas condicións para ter o seu dia a dia mais confortable e axeitado a súa saúde.
(Axuntamos fotos de certas deficiencias).
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Facer tódalas xestións posibles e arranxar coa maior brevidade as diferentes deficiencias que presenta os exteriores ,tanto beirarrúas, como valos, coma acesos na Residencia e Centro de Dia de Foz.