As pupilas de Julio Delgado e Lucas souberon á perfección como encamiñar a cita. Alves, no primeiro minuto de xogo, xa asestou o golpe inicial, sen erro, co 1-0. Con dominio e ocasións claras, o conxunto galego ampliou a fenda no minuto 8, con Dany revolvéndose en zona de pivote. A bucina do descanso soou con 0-3, con firma de Peque, en contraataque.
A 7 burelista anotou o cuarto nos compases iniciais do segundo acto, aproveitando un erro de saída de balón das locais. Parecía que todo ía na boa dirección, pero o Majadahonda, sen baixar os brazos, acurtou distancias ata o 3-4 en tan só dous minutos: Sheilita, de falta directa no minuto 27, e no 29, Andrea, a pase de Elena Mateo, e Ele Sanmillán, nunha recuperación de Andrea. Entón, as Guerreiras Laranxas optaron por xogo de cinco para non deixar escapar a súa renda e sentenciaron a cita co definitivo 3-5 no minuto 35, de Cami.
Ficha técnica
Majadahonda FSF: Lauri, Andrea, Ele Mateo, Sheilita, Cels, cinco inicial; tamén xogaron Chili, Yai, Moni, Anita Duque, Ele Sanmillán, Jessica.
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jenny, Alves, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Cami, Popó, Cilene, Lara Balseiro, Luci
Goles: 0-1, minuto 1, Alves; 0-2, minuto 8, Dany; 0-3, minuto 19, Peque; 0-4, minuto 22, Peque; 1-4, minuto 27, Sheilita; 2-4, minuto 29, Andrea; 3-4, minuto 29, Ele Sanmillán; 3-5, minuto 35, Cami
Árbitros: Garro Arranz // Sánchez Martín (colexio madrileño). Por Burela, amarela a Cilene (minuto 36)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 24 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en La Granadilla.