Site icon Crónica3.com A Mariña

Juan Carlos Piñeiro: “Os resultados do 28A amosan o erro das forzas galegas”

Compostela 29-4-19. “Nunha lexislatura, na que todo indica que vai ser clave na configuración do estado, Galicia non obtén representación de seu, sen dependencias”, resumiu na noite electoral Piñeiro Docampo, líder da formación galeguista.
O Secretario Xeral advirte que “o BNG fixo un exercicio de alimentación
interna neste proceso, sen importarlle Galicia. O máis preocupante é que a
posible suma de BNG, En Marea e CxG, si tería representación en Madrid, tendo tamén en conta o efecto positivo na campaña”. Sinala Piñeiro que “a
necesidade do ‘Efecto Pontón’ de estar permanentemente freando a caída do
seu partido foi letal para Galicia, e máis aínda cando se analice no tempo. O fracaso de En Marea é equiparable ao do PP de Casado”.
O 20 de febreiro, Compromiso por Galicia propoñía una coalición de
partidos galegos. En Marea e BNG, nun acto de soberbia, decidiron desprezar a proposta e nin acudiron na reunión.
“Dende CxG entendemos que temos visións distintas de Galicia, mais de
esta vez era preciso un entendemento. Villares e Pontón están en débeda con
Galicia, puxeron as súas necesidades partidarias e persoais diante dos intereses do noso País” sentenciou Piñeiro Docampo.
CxG, tentará cos seus socios do PNV levar a axenda galega a Madrid,
pero coa realidade de que ese non é o camiño. Galicia precisaba ‘voz propia’ houbo quen preferiu ‘luz propia’ e quedouse en apagón estrepitoso.

Exit mobile version