José Manuel Blanco afirmou que coa decisión de non aprobar en Consello de Ministros medidas para garantir a viabilidade da factoría “quedou en evidencia que tanto o PP como agora o PSOE deixaron tirados aos traballadores de Alcoa e ás súas familias”.
“Alcoa representa o buque insignia da industria na comarca da Mariña e en toda a provincia de Lugo e 6.000 familias dependen dun ou doutro xeito da factoría de San Cibrao para asegurar o seu medio de vida”, asegurou o candidato de Ciudadanos, que lembrou que foi o único dos aspirantes ao Congreso pola provincia de Lugo de todos os partidos políticos que viaxou a Madrid en autobús cos traballadores de Alcoa para expoñer as súas reivindicacións.
“O meu compromiso coa permanencia de Alcoa na comarca da Mariña xa foi demostrado en numerosas ocasións, indo moito mais alá da política. A miña primeira reunión nada máis ser nomeado candidato ao Congreso dos Deputados foi con Alcoa o 22 de marzo para coñecer os seus problemas, tamén viaxei en autobús cos traballadores hasta Madrid para participar na manifestación do día 28. Nesta viaxe reunímonos co Grupo Parlamentario de Ciudadanos no Congreso, onde o noso partido deu medidas concretas que poderían conseguir que Alcoa non teña que pechar as súas plantas en San Cibrao e na Coruña e o 9 de abril eu e Paco Pintado entregamos en man ao Comité de Empresa da fábrica un documento asinado con 4 medidas concretas para garantir a viabilidade e futuro da planta”, lembrou José Manuel Blanco.
Alcoa anunciou o mes pasado as dificultades polas que están pasando, ao perder 9 millóns de euros mensuais, dos que o 40% son provocados polo elevado prezo da luz. Esta situación podería provocar o peche da súa planta da Mariña, na que traballan 1700 persoas e representa un terzo do PIB da provincia, “polo que non podemos permitir o seu peche”, opinou o candidato.
O enorme prezo da luz que teñen que pagar fai que perdan competitividade en relación ao mercado dos outros países e “o Goberno socialista acaba de demostrar que non vai solucionar este problema. Ciudadanos dará certidume e medidas concretas para solucionar o problema de empresas industriais electrointensivas e ‘hiper-electrointensivas'”, afirmou José Manuel Blanco.
“Necesitamos un Goberno que loite pola industria española e por todos os traballadores que dependen dela, escoitando as súas necesidades e tratando de darlles solución, xa que a industria é un asunto estratéxico de Estado” aseverou o candidato.
As medidas de Ciudadanos para intentar que Alcoa continúe en San Cibrao son:
Fomentar os contratos bilaterais de entrega da enerxía eléctrica (coñecidos como PPA) a través de eximir ós xeradores de enerxía eléctrica do imposto de xeneración de maneira permanente (e non transitoria) e ós compradores do imposto sobre a electricidade para este tipo de transacións, valorando a inversión do ICO como axente que garantice a transacción neste tipo de contratos.
Dar certidumbre ó disposto no Artigo 9. Compensación de custos indirectos por emisións de gases de efecto invernadeiro do Proxecto de Real Decreto polo que se regula o Estatuto o Consumidores Electrointensivos que as empresas industriais tanto precisan nun contexto de competencia global como o actual.
Impulsar o marco lexislativo e dispositivo estatal e europeo para que permita a implantación de redes enerxéticas pechadas, tal como prevé a Directiva Europea 2009/72/CE.
Desenvolver a futura Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética de consolidar un mix enerxético que responda de maneira integral aos obxectivos de sostenibilidad medioambiental, seguridade de suministro e competitividade de custos así como a revisión profunda dos custos do sistema eléctrico que no estén relacionados directamente co suministro eléctrico e que supoñen mais da metade da factura