Site icon Crónica3.com A Mariña

Jose Luis Moñita será o alcaldable por Burela de Compromiso por Galicia

Burela 3-4-19. Una vez finalizadas as primarias desta agrupación , Jose Luis Moñita será o alcaldable en Burela por parte de Compromiso por Galicia. Moñita impúxose nas primarias a José Antonio Rodriguez, obtendo o 74,5 % dos votos.
A executiva local de Compromiso por Galicia en Burela foi totalmente renovada e está a traballar na confección da lista de candidatos. Según Moñita:
“A lista aposta por unha renovación completa e está xa moi avanzada, a falta dalgúns flecos por pechar. Compromiso por Galicia quere dar aos vecinos un clara alternativa a estes últimos anos de promesas incumpridas por parte do goberno local do PSOE. De feito, temos tantas ideas boas para Burela que non as imos poder poñeer todas no programa. Contaremos coa valoración dos veciños e veciñas á hora de priorizar as medidas de dinamización para Burela.
Neste sentido, podo confirmar que Jose Antonio virá comigo na lista e que aportará a sua perspectiva na confección do programa porque aquí estamos todos e todas para sumar.
Burela terá por fin una lista galeguista, non idependentista, transversal de participación cidadá e europeísta, que os seus veciños levan tempo esperando. ”

Executiva local de CxG Burela

Exit mobile version