Site icon Crónica3.com A Mariña

Inicio de campaña de En Marea na Mariña

A Mariña 10-4-19. Durante os vindeiros días os representantes do partido percorrerán os concellos da comarca para dar a coñecer o programa electoral e aos candidatos ao Congreso e ao Senado da provincia.
A primeira das citas terá lugar o vindeiro venres 12 de abril en Trabada, onde os representantes comarcais se sentarán a tomar un café no Mesón do Camiño ás 17 horas con todas as persoas que así o desexen. A continuación seguirán ata A Pastoriza onde se sentarán cos veciños no Eskina Café Bar ás 18:30 horas. A iniciativa “Toma un café con nós” ten como obxectivo xuntarse coa xente do concello para abordar os posibles problemas da zona e poder darlles voz no Parlamento e no Senado. Ás 20 horas os representantes comarcais de En Marea estarán na Praza do Conde Santo de Lourenzá para transmitir as ideas do seu programa electoral dun xeito ameno e interactivo, respondendo a todas as dúbidas que lles sexan presentadas.
Ao día seguinte, o sábado 13 de abril ás 12 da mañá o voceiro Luis Villares achegarase a Viveiro ao Conservatorio de Música onde terá un acto no que van a falar o propio Luis Villares xunto con Cristina Pérez (cabeza de lista ao Congreso por Lugo), Victoria Esteban (candidata ao Senado por Lugo) e Manuel Germade (candidato ao Senado por Lugo).

Exit mobile version