Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración da Semana das Artes no Cenima

A Mariña 15-4-19. O vindeiro 17 de Abril Mércores, no Cenima de Foz, ás 20,30 horas, terá lugar a inauguración da sexta edición da Semana das Artes dedicada ó artista ribadense Suso Peña. Por esta mostra pasarán máis de 1.500 alumnos/as dos centros de ensino da Mariña. A exposición estará aberta ata o 17 de Maio e poderá ser visitada en horario de mañá ata as 12,30. Festivos e fin de semana os sábados de 18 a 20, agás o 1 de Maio. Así mesmo os xoves 9 e 16 de Maio, no mesmo horario se realizarán visitas guiadas. Zili Katova, Pablo Sáez, Otto Treto, Pablo Livio, Renata Otero Regal, Otero Regal, Mauro Leivas, Xoán Guerreiro, Lomarti, Grupo Lag (Lara Buyo e Ana Corujo), David Catá, Verónica Vicente, Ana López Parra, Araceli Larrán, Cristina Basanta, Lucía Vila, Daniel Caxigueiro, Juanel, Alberto Pena, Christian Villamide, José González, e Neira Brochs mostran 23 obras que entran en Diálogo de reflexión sobre distintos temas. Adolescencia, medio ambiente, mitoloxía, o paso do tempo, as lembranzas do espazo íntimo, dentro do gran nivel profesional, serán as visións que as/os alumnos/as da Mariña, terán a oportunidade de desfrutar e aprender , así coma todos e todas as persoas da comarca que queiran achegarse ó CENIMA de Foz. Un ano máis temos que reivindicar este espazo único da comarca ( e xa van moitos) como o espazo común de creación artística da Mariña. Programación dotación de persoal e espazo, así como unha política de achegamento da Arte á nosa comarca dada as particularidades de distancia do noso espazo xeográfico, cós centros de cultura galega. Non se pode sustentar no traballo voluntario e desinteresado dos axentes culturais( Artistas, Asociacións) unha labor que está recollida como dereito na Constitución e para a que todos e todas os/as mariñáns aportamos os descontos fiscais pertinentes. A educación na Mariña ten o dereito de poder acceder ó nivel razoable de coñecemento artístico que permitan os orzamentos públicos. A falta de Arte e do seu coñecemento lévanos a unha restrición grave de posibilidades e non solo é unha verba de coñecemento e emocións, é un mundo de oportunidades que transcende máis aló do previsible, xa que estende as expectativas laborais por riba das carencias do propio sistema.
Dende Tá en artes convidamos aos aproximadamente 83.000 habitantes da Mariña á participación para que isto sexa unha realidade e posibilite saídas de futuro e consolidación do noso único patrimonio natural.

Exit mobile version