En tan só un día. O Pescados Rubén Burela FS xa esgotou as entradas de non soci@s que puxo en venda anticipada para unha Tarde Laranxa que pode ser histórica, coa pelexa polo gran soño da elite, fronte ao Noia Portus Apostoli (17.30 horas), e o Clásico de Primeira RFEF ante o Futsi Atlético Féminas (20.30 horas), con emisión en directo por TVG2. A taquilla abrirase o sábado en Vista Alegre ás 16.30 horas. Prezo Non Soci@s: Adult@: 10 euros. Menores de idade: Gratuíto