Competiron Ana e Marcos no campionato autonómico xuvenil disputado este pasado domingo en Santiago, onde Ana tivo unha actuación máis que aceptable quedando en 4ª posición a 1 segundo do pódium sobre a distancia de 1600 metros.
A Gran Xana Rodríguez, subcampiona da Toxiza Trail 2019 de 14 kilómetros con 1 hora, 29 minutos e 26 segundos. Corría o domingo logrando un fantástico subcampionato na distancia dos 14 kilómetros.
Anxo Edrosa, subcampión promesa da carreira As Poleas de Tapia, despois de percorrer preto de 9 kilómetros en 38,20
E o sábado tivo tamén protagonismo Anxo Edrosa, o duatleta que ésta vez probaba sorte nas Poleas en Tapia alcanzando o subcampionato promesa.
Ilusionante debut dos infantís e cadetes no control de marcas en Lugo.
E xa por último o domingo os infantís e cadetes fixeron o control de marcas preparatorio previo ó provincial en Lugo, cuns excelentes resultados na maioría das probas.