Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro” preséntalle ó equipo de goberno do PP unha proposta de presupostos máis sociais, con máis emprego e con máis servizos para os veciños e veciñas

Foz 4-4-19. Este pasado martes ven de celebrarse a primeira reunión, para negociar os presupostos do Concello de Foz, entre “Foz, Plataforma de Futuro” e o Equipo de Goberno.

“Foz, Plataforma de Futuro” presentoulle ó equipo de Goberno unha proposta para mellorar os presupostos para este ano 2019, unha proposta, limitada polo cumprimento da regra de gasto e o Plan económico financeiro, baseada fundamentalmente en tres eixes:
Servizos Sociais.
Creación de emprego e menos contratos con empresas externas.
Mais e mellores servizos para os nosos veciños.
Primeiro, coa nosa proposta para estes presupostos vamos garantir a axuda no fogar e mais as axudas ós residentes da nova residencia de maiores para este ano 2019, algo fundamental para a nosa formación, estamos a falar de 785.000€.
Segundo vamos reducir o gasto en varias partidas de gasto corrente, como a partida para as festas, entre outras, reducindo esta partida en 48.000€, xa que nos parecía un gasto moi elevado a partida actual que propoñía o Equipo de Goberno do Concello de Foz.
Terceiro, dende “Foz, Plataforma de Futuro”, vamos novamente apostar por crear emprego público dende a administración local, metendo nos presupostos un Plan de Emprego de 120.000€, o que podemos asegurar de 10 a 12 postos de traballo dende a aprobación dos presupostos ata final de ano. Con esta medida reduciremos tamén o gasto en contratación de empresas externas ó Concello.
E cuarto e última proposta vamos a mellorar os servizos dos nosos veciños, asegurando unha partida para a construción da nova canceira municipal, e apostando polas nosas parroquias incluíndo unha obra moi demandada na parroquia de Cangas, na zoa de alemparte. Unha obra de case 39.000€ e medio quilómetro de lonxitude, con cambio de rede de auga e renovación do firme con aglomerado en quente.
Esta é a proposta de “Foz, Plataforma de Futuro” pola cal entendemos que mellorariamos substancialmente os presupostos que o Equipo de Goberno ven de intentar aprobar no pasado Pleno do mes de Marzo, e quedaron encima da mesa a petición da nosa formación.
Con estas propostas que “Foz, Plataforma de Futuro” propón son uns presupostos que dan seguridade de financiación do que FPF ven de reclamar para cubrir as axudas ós nosos maiores.

Exit mobile version