Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores as monitoras de Gaia, do Concello de Burela, estiveron co alumnado de 1° e 2° de Primaria do CEIP Vista Alegre realizando dous talleres

 Segundo explican “por un lado fixemos trampas para velutinas, que son moi fáciles de elaborar. Só se precisa unha botella de plástico, pintura chamativa e o líquido para atraer as avespas (cervexa negra e zume de arándanos). O outro taller consistiu na realización de hoteis para insectos beneficiosos. Os insectos beneficiosos son os que se alimentan de pragas que habitualmente soemos ter nos xardíns ou hortas. Os hoteis fixémolos con madeira reciclada e o recheo con diferentes materiais orgánicos como canas de bambú, troncos, ramas, carocas, palla, etc”. Os rapaces disfrutaron moito con esta actividade.

Exit mobile version