Site icon Crónica3.com A Mariña

Deputación e Concello de Lourenzá melloran con 127.000 euros 5 vías municipais

Lugo, 9 de abril de 2019. O Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno un convenio de colaboración co Concello de Lourenzá para mellorar con 127.000 euros 5 estradas deste municipio.
A través deste acordo, serán os servizos provinciais os que iniciarán a contratación destes traballos, que poderán comezar, previsiblemente, nun prazo de un mes. Deste xeito, a Deputación cumpre así cunha das súas funcións principais, a de colaborar e prestar apoio aos municipios da provincia.

As obras, que consisten na mellora e reposición do firme dun total de 1,2 quilómetros, executaranse en:

200 metros da Travesía da Mariña-Avenida Mondoñedo, tamén coñecido como o Cantón, que discorre por diante da praza principal de Lourenzá.
135 metros da Avenida Calvo Sotelo que discorre por diante dun grupo de vivendas sociais e vai cara a costa de A Mariña.
235 metros da rúa Secretario Luís Iglesias – Carlos Peregrín Otero. É a estrada que comunica co recinto da Feira de Mercado Rural Gandeiro.
300 metros do Camiño de Maderne, na zona rural do Norte do Concello de Lourenzá, que dá saída cara á localidade de A Casolga.
400 metros no núcleo rural de Veiga de Santo Adrao, na zona Sur do municipio e que da servizo a Parroquia de San Adrao.

Exit mobile version