Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristina Pérez defende na Fonsagrada os proxectos artesanais que dinamizan o medio rural

 A Fonsagrada 24-4-19. “Visitar o medio rural e as iniciativas que nel florecen é esperanzador porque mostra que hai futuro, pero tamén é unha chamada á responsabilidade: urxe que as administracións estean á altura para acompañar esta creatividade”. Así se expresou Cristina Pérez esta tarde logo dunha visita a produtores rurais da área da Fonsagrada.
“Cervexas, zumes artesanais, aproveitamento agrograndeiro… Iniciativas que crean valor engadido no rural e que permiten revitalizar a economía, como un polo que atraia e fixe servizos e infraestruturas” defendeu a número 1 ao Congreso. Neste sentido, comprometeu o apoio de En Marea “para todas as iniciativas que sexan necesarias, e para trasladar a voz das persoas que producen no rural a todas as institucións que determinan o o marco normativo onde actúan”.
Na visita, Pérez estivo acompañada pola integrante da candidatura ao Congreso Sagrario Fernández e o concelleiro de Lugonovo e membro do Consello das Mareas Víctor Álvarez.

Exit mobile version