Viveiro 14-14-19. A cabeza de lista de En Marea ao Congreso dos Deputados Cristina Pérez Herraiz participou este sábado nun mitin de no Conservatorio de Música de Viveiro xunto ao portavoz Luís Villares e os candidatos ao Senado Victoria Esteban Riescoe Manuel Germade Mayo. Ante un nutrido grupo de veciños e veciñas da cidade, Cristina Pérez defendeu o papel estratéxico para a economía galega de portos coma o de Celeiro e reivindicou cotas xustas para a actividade pesqueira, que non utilicen baremos que prexudican a posición galega fronte a outras comunidades. Asemade reclamou “infraestruturas eficientes que fagan competitiva a descarga dos pesqueiros nos seus portos galegos de orixe”. Pérez prometeu “levar a Madrid a voz do sector do mar” grazas ao “excelente resultado de En Marea nas vindeiras eleccións”.