As Guerreiras Laranxas xa están inmersas nun novo reto. Esta semana pelexarán na Coruña polo máximo recoñecemento irmandiño na fase final de XIII Copa Galicia (Palacio dos Deportes de Riazor, 20 e 21 de abril). Pescados Rubén Burela FS medirase en semifinais ás anfitrioas, Viaxes Amarelle FSF. Os outros dous candidatos ao título serán Ourense Envialia e Cidade das Burgas.
Para o club burelista será unha edición moi especial, xa que as Xoias Laranxas se estrearán na Minicopa Infantil, tras a gran participación do ano pasado do equipo filial do Comarcal A Fervenza FSF. Un total de 10 xogadoras debutarán nesta gran cita baixo a batuta de Jairo Campo, as infantís Ester Riveira e Sofía Otero xunto ás alevíns Claudia Rodríguez, Iria Eijo, Carmen Díaz, Noelia Fernández, María Fuente, Cayetana Trelles, Lola Muñoz e Fátima Guillén.
Entradas
O abono para toda a competición ten un prezo de 8 euros e entrada por xornada ascende ata os 5 euros. Os menores de 14 anos accederán gratis ao recinto con invitación e acompañados por un adulto.
A venda anticipada de entradas xa está dispoñible en www.amarellefsf.com
Sábado 20 de abril
16.00 horas: Minicopa Ourense Envialia-Cidade das Burgas
17.00 horas: Minicopa Pescados Rubén Burela FS-Viaxes Amarelle FSF
18.30 horas: Ourense Envialia-Cidade das Burgas
20.30 horas: Pescados Rubén Burela FS-Viases Amarelle FSF
Domingo 21 de abril
10.30 horas: FINAL Minicopa
12.30 horas: FINAL Copa