Site icon Crónica3.com A Mariña

Conferencia sobre as baterías costeiras de Viveiro a cargo do historiador Xosé María Leal

 Viveiro 16-4-19. O historiador Xosé María Leal Bóveda impartirá a conferencia O sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-XVIII. O caso de Viveiro- Celeiro na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro. O acto, que comezará ás 20h.00, conta coa colaboración do Concello de Viveiro e ten como finalidade dar a coñecer as baterías costeiras de San Xoán e de Celeiro. Estes bens culturais, malia a súa importancia, son unhas grandes descoñecidas do patrimonio de Viveiro e non contan na actualidade con ningún tipo de protección.

Exit mobile version