Site icon Crónica3.com A Mariña

Concurso de espantallos en Cervo

Cervo 11-4-19. A delegación de Cultura programou para esta Semana Santa unha actividade novidosa para a rapazada. Trátase dun concurso de Espantallos, que terá lugar o vindeiro martes, 16 de abril, no campo de fútbol de Río Cobo, a partir das 17:00 horas. Os participantes, de entre 6 e 14 anos, poderán traer todo tipo de roupa e recoméndase empregar materiais de refugallo na creación do espantallo.
Pola súa banda, o Concello aportará o pau, os guantes e diferente material para confeccionar o boneco.
As temáticas serán libres, e premiarase a orixinalidade e o esforzo creativo na elaboración dos mesmo.
Haberá premios para os mellores espantallos:

1º premio: 100 euros para gastar nos establecementos do Concello

2º premio: 50 euros para gastar nos establecementos do Concello.

Os rapaces interesados en participar poden facelo na Casa da Cultura de San Cibrao ou no teléfono 691 65 66 00.

Exit mobile version