O pasado sábado 27 a Banda de Música de Foz e o Grupo de Teatro Adala de Fazouro uníronse nun concerto moi especial no que se rendeu tributo ao mundo do circo na sala Bahía. Senllas agrupacións sumaron o seu bo facer nun espectáculo dirixido ao publico familiar no que se interpretaron ”A day at the circus” de James Curnow e unha selección dos temas máis coñecidos dos pallasos da tele. Os responsables dos colectivos destacaron o bo ambiente da actuación e o resultado conxunto, e xa están pensando en novas colaboracións.
Concerto homenaxe ao circo en Foz
Concerto homenaxe ao circo en Foz
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro