Celebrouse este sábado día 30 en Trasbar. Os asistentes, algo máis dunha trintena, quedaron moi satisfeitos coa xornada e non dubidan en repetilo en vindeiros anos. As próximas actividades programadas para o mes de abril polo colectivo serán o día 13 co V Maratón de tute a partir das 16.30 horas, e a Festa da Pascua o domingo día 21, na que ademáis da xa tradicional comida, disfrutarán da actuación da banda de música “Dambara” de Burela, dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo.