Site icon Crónica3.com A Mariña

Carlos Rivas Rivas liderará Compromiso por Galicia en Lourenzá

Lourenzá 7-4-19. O que fora responsable na área de Obras do Concello de Lourenzá, Carlos Rivas Rivas, será o candidato á alcaldía por Compromiso por Galicia. Rivas
presentara a súa dimisión en xullo do ano pasado ao considerar que o PSOE, con quen xa fora concelleiro na oposición, non facía posible a realización do programa de goberno que prometeran. E encabezará agora o proxecto de CxG dende unha óptica galeguista para realizar aqueles proxectos que se lle negaran aos veciños e veciñas.
Tal e como el mesmo manifestaba entón: “Non estou de acordo en moitas cousas e non podo facer aquelo que lles prometín aos veciños, polo que deixo o cargo e tamén renuncio a cobrar a dedicación parcial”. Rivas volve agora logo de protagonizar esta acción de dignidade para liberar ao Concello do estancamento que está a vivir na actualidade.
Carlos Rivas integra o proxecto galeguista de Compromiso por Galicia, cunha clara vocación europeista, e coa determinante aposta pola participación cidadá como catalizador das políticas útiles para o conxunto dos veciños e veciñas de Lourenzá.

Exit mobile version