Visitaron o barco museo Reina do Carme, a Cetárea e o Almacén do Peixe. Desde Gaia explican que “así os rapaces aprenderon a diferenciar diferentes mariscos, peixes e artes de pesca, e tamén grazas á visita ao barco museo Reina do Carme, puideron ver un antigo barco boniteiro e aprender moito sobre as artes de pesca da nosa zona”.