Site icon Crónica3.com A Mariña

As Bibliotecas do Vicedo celebraro o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

O Vicedo 3-4-19. Este 2 de abril foi o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Este ano celebrouse unha actividade conxunta entre a Biblioteca Pública Municipal do Vicedo e a Biblioteca Escolar do CEIP do Vicedo. Pola mañá, no colexio, fíxose unha lectura por grupos onde os nenos maiores lían libros aos pequeniños e estes contaban a súa versión do que podían observar en certos libros. Ao final da mañá fíxose unha foto de grupo onde os nenos portaban unha mensaxe relacionada coa lectura: “Cada lectura é unha aventura”
Pola tarde, xa na biblioteca municipal, programouse unha lectura conxunta entre nenos e adultos cunha selección de varios libros infantís e xuvenís que tocaban unha temática similar: A natureza. Tanto nenos como adultos leron en alto para todos e pasaron un rato moi agradable entre libros.

Exit mobile version