Mondoñedo 12-4-19. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou, este venres, na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, na presentación da nova promoción das audioguías ficcionadas da Mariña Lucense. Esta iniciativa turística, que inclúe información sobre os cascos históricos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro, perfecciónase coa tradución destas audioguías ficcionadas ao inglés, francés a castelán.
No acto de presentación, tamén participaron o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, a Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, a Concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo do Concello de Ribadeo, Ana María Martínez Fernández, o Tenente de Alcalde de Viveiro, Jesús Fernández Fernández e o Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, entidade coa que colabora o Organismo Provincial e creadores desta iniciativa turística. Ademais, realizouse material promocional como folletos e carteis para difundir e dar a coñecer nas oficinas de turismo as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, que tamén estarán dispoñibles para a descarga e reprodución gratuíta na web da Mancomunidade.