Lugo, 7 de abril de 2019. A Xunta de Goberno aprobou as axudas de concorrencia competitiva para asociacións da provincia que ofrece o Goberno da Deputación para a promoción da artesanía, e ao mesmo tempo dinamizar cultural e lúdicamente os municipios. Esta iniciativa conta cunha achega económica de 44.000 euros.
Con cargo a este investimento realizaranse cursos e eventos de promoción da artesanía nos Concellos da provincia, das que se beneficiarán tanto as entidade ou asociacións que as soliciten como os Concellos.
A través desta liña o Goberno da Deputación financia a celebración de eventos de promoción da artesanía como encontros ou feiras. As feiras de artesanía, obradoiro de teas, a construción de pandeiras, a posta en valor dos carros, así como cursos de tapicería, cestería, bolillos e cerámica, son algunhas das iniciativas que se promoven. As axudas oscilan entre os 300 e os 1.000 euros, e as actividades que se promoven teñen que realizarse dentro desta anualidade.
33 cursos e 6 eventos en 25 Concellos da provincia no 2018
Na pasada anualide, a través desta programación, realizáronse 33 cursos e 6 eventos de promoción da artesanía en 25 Concellos da provincia. Dende o Goberno da Deputación impulsamos a posta valor das nosas tradicións, e dos nosos oficios artesanais, promovéndoo e contribuíndo a súa dinamización social e económica en toda a provincia.