Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao longo deste 29 de abril o obradoiro Ribadeo co Camiño organizou unha saída cos alumnos e alumnas do CPR Sagrado Corazón, de Ribadeo, ata a capela de A Nosa Señora das Virtudes na Ponte de Arante

Ao rematar, os preto de 80 alumn@s acompañados das súas profesoras, recibiron a visita do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, quen subliñou a importancia de coñecer o patrimonio material e inmaterial existente no concello ao seu paso polo camiño de Santiago. Esta actividade enmárcase, xunto coa mellora de espazos que están a levar a cabo os alumnos e alumnas da especialidade de xardinería, nas accións que o Obradoiro desenvolve co obxectivo de mellorar e poñer en valor o Camiño Norte ao seu paso por Ribadeo.

Exit mobile version