Site icon Crónica3.com A Mariña

Ampliación de horario na Semana Santa e Letras galegas en Viveiro

Viveiro, 16 de abril de 2019. O Concello de Viveiro vén de tramitar o expediente necesario ante a Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para obter a autorización de ampliación do horario de peche dos establecementos públicos do Concello de Viveiro, nunha hora sobre o horario habitual legalmente establecido, para a noite do mércores 17 ao xoves 18 de abril de 2019, con motivo da celebración da Semana Santa, e a noite do venres 17 ao 18 de maio de 2019, con motivo da celebración das Letras Galegas.

Estas novas datas súmanse a autorización existente previamente, a partir da solicitude presentada pola Asociación de Hostaleiros da Provincia de Lugo, para diversas festividades do primeiro semestre de 2019.

Consecuentemente, durante a celebración da Semana Santa 2019 os hostaleiros de Viveiro poderán ampliar o seu horario de peche, nunha hora máis do legalmente establecido, nas seguintes datas:
– Noite do mércores 17 ao xoves 18 de abril de 2019.
– Noite do xoves 18 ao venres 19 de abril de 2019.
– Noite do venres 19 ao sábado 20 de abril de 2019.
– Noite do sábado 20 ao domingo 21 de abril de 2019.

Exit mobile version