Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado, profesorado e outros traballadores do IES de Foz interpretaron cantigas de Alfonso X na basílica de San Martiño

Foz, 5 de abril de 2019. Alumnado, profesorado e outros traballadores do IES de Foz interpretaron cantigas de Alfonso X na basílica de San Martiño na tarde noite de onte, xoves. Este acto, organizado por iniciativa dos departamentos de Lingua Galega e Música do centro educativo focense, encheu de público o templo. Entre os asistentes estiveron o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo; e profesorado e outros membros da comunidade educativa do IES de Foz.
No concerto actuaron un grupo instrumental, formado por alumn@s de 4º da ESO e de 3º de PMAR, e unha agrupación vocal formada por alumn@s de 1º de Dirección de Cociña, profesores e outros traballadores do centro. E como sorpresa contaron coa colaboración de Antón Castro, membro do grupo Fuxan os Ventos, que os acompañou nalgunhas pezas tocando a zanfona.
Para esta actividade o IES de Foz contou coa colaboración do Concello focense e da Parroquia de San Martiño.

Exit mobile version