Alfoz, 10 de abril de 2019. O acuarelista leonés Juan Ramón Alves, gañador das dúas últimas edicións do Maratón de Pintura de Alfoz impartirá un taller infantil de acuarela para nenos de 10 a 14 anos.
O taller terá lugar o luns 15, martes 16, mércores 17 e xoves 18 en horario de mañá de 10 a 13 horas na aula la OMIX de Alfoz, e nel traballarase na introdución ao debuxo e a acuarela, o coñecemento de materiais e o desenrolo de tres propostas fotográficas.
O prazo de inscrición remata o venres 12, as prazas son limitadas e a folla de inscrición poderase recoller e entregar no concello de Alfoz ou descargar da páxina web www.concellodealfoz.com.
Ademais, o artista Juan Ramón Alves prepara unha exposición de acuarelas de Alfoz e a comarca da Mariña que inaugurará no Castelo do Castrodouro o próximo 1 de maio, o mesmo tempo que se presentará a próxima edición do Maratón de Pintura de Alfoz previsto para o sábado 27 de julio no que se organizará unha xuntanza de artistas convidados polo acuarelista.